Servizos RSU
Servizos de recollida de sólidos urbanos: recollida de lixo, selectiva, solicitudes de recollida de mobles e enseres, cartón comercial.
Recollida de Lixo por cubeo no casco urbano
O cubeo é un innovador sistema de recollida do lixo cada vez máis demandado polos concellos, e ten como fin eliminar os tradicionais colectores de lixo, pequenos vertedoiros a carón destes, e sobre todo, conseguir que o lixo esté presente nas nosas rúas o menor tempo posible.
Cada día desde as 19:00 horas, os servizos municipais emprazarán uns cubos nas proximidades do teu domicilio, para que poidas depositar o teu lixo, sendo éstes retirados a partires das 23:00 horas.
Servizo de recollida de lixo no resto do municipio
No extrarradio do casco urbano e nas parroquias do rural, o servizo préstase mediante a ubicación permanente dos colectores.
Recorda que neste colector debes depositar o lixo en bolsas e non olvides facer uso das illas de reciclaxe.
A túa colaboración é indispensable; respecta os horarios, non deixes o lixo no chan e deposita os residuos orgánicos en bolsas.n.
Recollida Selectiva
No teu domicilio, clasifica o teu lixo e deposítao nalgunha das illas ecolóxicas dispostas polo concello.
Recollida de mobles e enseres
Servizo doado e gratuito para desfacerse de trastes. Solicita a recollida no teléfono 900 101 390
Cartón aos comerciantes
Puntos para a recollida de cartón aos comercios de Monforte de Lemos.

