Onde depositalos?
A selectiva a depositamos nos distintos tipos de colectores que se atopan nas denominadas “Áreas de achega” en todo o concello.
Papel e cartón
Recóllense xornais, semanarios, revistas ilustradas, libros catálogos, prospectos, correspondencia (sempre que non leve ningún tipo de plástico ou papel plastificado), cadernos e blocks de notas, papeos de ordenador e cartón procedente de caixas e embalaxes.
Envases de plástico, bricks e latas
Envases de plástico
Botes e botellas de plástico: auga, aceite, refrescos, iogures, limpiadores do fogar, cosméticos, aseo pesoal, etc.
Latas
Latas de bebida. conservas de peixe ou vexetais, alimentos infantís, etc.
Envases tipo brick
Bricks de leite, zumes, viño, etc.
Vidro
Recóllense todos os envases de vidro como botellas, tarros, botes. Sen ningún tipo de elemento metálico, tapa ou embalaxe.


Pilas usadas
Recóllense pilas de botón, alcalinas, secas, recargables, etc. Tanto nas rúas como nos establecementos (comerciantes e institucións públicas) que o solicitan.
