Onde depositalos?
A selectiva a depositamos nos distintos tipos de colectores que se atopan nas denominadas “Áreas de achega” en todo o concello.
Envases de plástico, bricks e latas

Envases de plástico
Botes e botellas de plástico: auga, aceite, refrescos, iogures, limpiadores do fogar, cosméticos, aseo pesoal, etc.
Latas
Latas de bebida. conservas de peixe ou vexetais, alimentos infantís, etc.
Envases tipo brick
Bricks de leite, zumes, viño, etc.

Vidro
Recóllense todos os envases de vidro como botellas, tarros, botes. Sen ningún tipo de elemento metálico, tapa ou embalaxe.



Pilas usadas
Recóllense pilas de botón, alcalinas, secas, recargables, etc. Tanto nas rúas como nos establecementos (comerciantes e institucións públicas) que o solicitan.
